En execución as obras de instalación de ventilación forzada no pavillón Castelao 2
-
O Concello de Ordes está a executar cunha financiación do 80% por parte da Xunta de Galicia, a actuación de instalación de ventilación forzada no pavillón Castelao 2, por importe de 48.384,71 euros.
O proxecto que conta coa financiación do 80% por parte de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (Xunta de Galicia), dentro da liña de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, foi deseñado co fin de poder paliar e resolver os problemas de humidade na pista que dificultan o uso do pavillón polideportivo Castelao II de xeito continuado, pois viña sendo habitual que se impida o seu uso por condensacións na pista polideportiva de pvc e sobre os paramentos.
O Concello de Ordes, sensibilizado coa necesidade de mellorar a problemática, está a executar a instalación dun sistema de ventilación forzada no referido pavillón, co obxectivo de seguir a procurar a mellora de calidade nas instalacións deportivas de uso público.
A instalación do sistema de ventilación forzada, está composto de:
-
Caixa de ventilación, fabricada en chapa de aceiro galvanizado, illamento termo acústico de escuma de melamina de 7 mm de espesor, ventilador centrífugo de álabes cara adiante montado sobre soportes antivibratorios e xunta flexible na descarga, accionado por motor a transmisión trifásico de 11 kW, instalada no exterior do edificio, apegada a fachada do pavillón.
-
Conduto circular de parede simple helicoidal de aceiro galvanizado, de 500 mm a 1500 mm de diámetro, con reforzos, subministrado en tramos de 3 ou 5 m, para instalacións de ventilación e climatización.
-
Tobera/multitobera aluminio para impulsión de aire, de largo alcance, formada por tobera o multitobera, integrado en placa cadrada, orientable con ángulo de +/- 30° e xiro de 360° no plano perpendicular, montada en conduto circular. Incluso accesorios de montaxe e elementos de fixación.
-
Alimentación eléctrica e reforma de cadro de mando a caixa de ventilación e motor de extracción existente.
A posta en marcha da nova instalación está prevista antes do remate do mes de agosto, ao fin de que se poida retomar a habitual actividade deportiva na instalación a maior brevidade, e a vez estar todo o centro operativo para o inicio do vindeiro curso escolar no CEIP ADR Castelao.
