A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde asinaron esta tarde o acordo de colaboración.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará case 320.000 euros, un 70% do orzamento total, para a execución das melloras de accesibilidade de dúas rúas do concello de Ordes: Mediodía e Víctor González Faya.

A conselleira, Ángeles Vázquez, e o rexedor, José Luís Martínez Sanjurjo, asinaron esta tarde o acordo de colaboración, onde se recolle que a Xunta licitará as obras, unha vez que se conte co proxecto redactado polo Concello, que tamén asumirá o mantemento e conservación unha vez recepcionadas as actuacións.

Ángeles Vázquez indicoulle que este tipo de iniciativas son prioritarias para o Goberno galego, que aposta por apoiar e financiar proxectos cos que se melloren os espazos das vilas galegas e, sobre todo, aqueles que melloran a funcionalidade e dan prioridade de uso aos veciños.

MEDIO AMBIENTE ACHEGA CASE 320.000 EUROS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE DAS RÚAS MEDIODÍA E VÍCTOR GONZÁLEZ FAYA EN ORDES