CULTURA NA RÚA
-
MIÉRCORES 7 DE XULLO
-
SEMPRE ARRIBA "C" est pas possible".
-
Espectáculo de aéreos con teas e clown.
-
Alameda de Ordes.
-
20:00 h.
-
Todos os públicos.
-
Duración: 45 min.
-
-
MÉRCORES 14 DE XULLO
-
MOC MOC-CÍA SUA "Ishum lume".
-
Circo de lume (malabares, danza e acrobacias).
-
Alameda de Ordes.
-
22:00 h.
-
Todos os públicos.
-
Duración: 40 min.
-
-
MÉRCORES 21 DE XULLO
-
NOITE DE CINE "FROZEN II".
-
Alameda de Ordes.
-
22:00 h.
-
Todos os públicos.
-
-
MÉRCORES 28 DE XULLO
-
NOlTE DE CINE "O QUE ARDE".
-
Alameda de Ordes.
-
22:00 h.
-
N.R. menores de 7 anos.
-
AFORO LIMITADO.
Preferencia persoas empadroadas en Ordes.
INSCRICIÓNS:
-
NO DEPARTAMENTO DE CULTURA DO CONCELLO DE ORDES, NO 981680002 (EXT. 4)
-
NO CORREO: ordescultura@gmail.com nome e apelidos de todas as persoas asistentes e tel. de contacto, especificando a que espectáculo/s desexan acudir).
En caso de chuvia, as actividades trasladaranse para a Casa de Cultura. Uso obrigatorio de máscara (protocolo Covid-19)
O programa Cultura na rúa arranca este mércores.
Cine, danza, acrobacias e malabares son os pratos fortes este ano.
O departamento de Cultura do Concello de Ordes vén de anunciar o arranque do programa Cultura na rúa, que se desenvolverá na alameda os mércores deste mes de xullo. Cine, malabares e acrobacias son as opcións que se ofrecen para poder desfrutar en familia este verán.
A primeira das citas terá lugar xa esta mesma semana, a partir das 20 horas co espectáculo de acrobacias aéreas Sempre arriba. O vindeiro día 14 ás 22 horas a compañía Moc Moc-Cía Sua porá en escea o seu circo de lume no que se combinan danza, malabares e acrobacias. Por último, os días 21 e 28 de xullo, tamén ás 22 horas, o cine será o prato forte coas películas Frozen II e O que arde, respectivamente.
Debido á situación marcada pola pandemia o aforo é limitado, polo que terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Recoméndase inscribirse previamente no departamento de Cultura chamando ao 981680002 (Ext. 4) ou a través do correo electrónico ordescultura@gmail.com. Deberase indicar o nome e apelidos das persoas asistentes e os espectáculos aos que desexen acudir. Cómpre ter en conta que se as condicións meteorolóxicas non son propicias os espectáculos trasladaranse á Casa da Cultura.