spacer
CACHARELAS DE SAN XOÁN. INCLÚE FORMULARIO DE SOLICITUDE

PROHIBIDAS EXCEPCIONALMENTE ESTE ANO 2021 EN ESPAZOS PÚBLICOS ATENDENDO AO QUE VEN ESTABLECIDO NA ORDE DO 28 DE MAIO DE 2021.

Con motivo da celebración das cacharelas da noite de San Xoán, as persoas, asociacións ou entidades organizadoras deberán comunicar a realización da cacharela:

  1. no Rexistro Xeral do Concello

  2. enviar cuberto o seguinte formulario

antes das 14 horas do 22 de xuño e estarán suxeitas ao cumprimento das seguintes normas:

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DE CACHARELAS 2021

PERMITIDAS SÓ EN PROPIEDADES PRIVADAS.

Deberán contar coa autorización previa do propietario dos terreos, tendo en conta que este Concello non asume ningunha responsabilidade en caso de que a queima se realice sen terse obtido. Autorízase a súa realización.

SEGURIDADE

As cacharelas deberán cumprir as seguintes normas de seguridade para evitar situacións de perigo, así como a produción de danos aos participantes e bens situados nas proximidades:

•    O volume combustible da cacharela non excederá os 8,00 m de perímetro nin os 3,00 m de altura.
•    A separación da cacharela dos edificios e árbores será como mínimo de 8,00 m.
•    A cacharela no poderá situarse baixo o tendido eléctrico nin telefónico.
•    Está prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites ou calquera outro produto que conteña líquidos inflamables, gases a presión ou que ao arder poida desprender fume tóxico.
•    Ao remate da celebración comprobarase que as cinsas da cacharela quedan totalmente apagadas.

A POLICÍA LOCAL ou subsidiariamente a GARDA CIVIL vixiará o cumprimento das normas anteriores formulando a correspondente denuncia en caso de incumprimento, que dará lugar á iniciación de procedemento sancionador, así como á esixencia de indemnización dos danos e prexuízos que se causen no dominio público local.