spacer
O Concello de Ordes pon en marcha o seu selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas

O BOP de hoxe recolle esta nova medida dirixida.

O BOP recolle na súa publicación de hoxe venres, 4 de xuño, a creación e posta en uso do selo electrónico do Concello de Ordes baixo a denominación ‘selo de órgano do Concello de Ordes’. Unha medida dirixida a actuacións administrativas automatizadas e recollida no artigo 42 da Lei de Réxime Xurídico do Sector Público sobre os diferentes sistemas de sinatura electrónica.

Segundo a lexislación reguladora corresponde a cada administración determinar os supostos e trámites nos que o selo de órgano pode ser aplicado. Así, e de forma xeral no caso do Concello de Ordes utilizarase en todas as actuacións e procedementos que se vaian incorporando, con carácter automatizado, á Plataforma de Tramitación Electrónica do Concello de Ordes ou á súa sede electrónica https://sede.ordes.gal. De maneira máis específica tamén se poderán expedir certificados e volantes de empadroamento, ademais de recibos de presentación no Rexistro Electrónico da Administración.