spacer
NORMAS TANATORIO MUNICIPAL UNHA VEZ REMATADO O ESTADO DE ALARMA

TANATORIO MUNICIPAL DE O BALADO - ORDES

MEDIDAS de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 UNHA VEZ REMATADA a prórroga do estado de alarma establecida polo Real decreto 956/2020, do 3 de novembro.

Como consecuencia do decaemento do estado de alarma e dado que a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia así o esixe, resulta imprescindible comunicar por parte das autoridades sanitarias municipais, tendo en conta o establecido na Orde do 7 de maio de 2021 (DOG Nº 86Bis, de data 07/05/2021), as medidas de prevención coas cales facer fronte á crise sanitaria derivada da COVID-19 no Tanatorio municipal:

  • Horario de funcionamento: de 10:00 a 23:00 horas.
    (O horario de funcionamento trata de compatiblizar o velorio dos defuntos cos traballos de desinfección polo persoal municipal das instalacións do tanatorio en aplicación dos protocolos Covid-19).

  • Os velorios poderán realizarse cun límite máximo, en cada momento, de 10 persoas por túmulo, sexan ou non conviventes, e 25 persoas no exterior, sexan ou non conviventes.

  • A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de 25 persoas, sexan ou non conviventes, ademais de, se é o caso, o ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

  • O uso de máscara será obrigatorio en todo momento, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal de polo menos 1,5 metros.

  • As zonas comúns de paso utilizaranse unicamente para o tránsito de entrada e saída, sen que poida haber grupos de persoas neles.

  • O tempo de estadía nas instalacións do tanatorio municipal reducirase ao estritamente necesario para expresar as debidas condolencias, evitando permanecer nas zonas de paso.

  • Poderán utilizarse as máquinas expendedoras de bebidas e snacks, evitando permanecer na zona da súa instalación.

Estas normas serán de aplicación ata que a autoridade sanitaria autonómica proceda a súa modificación ou derrogación.

Desde o Concello solicítase a colaboración, así como unha actuación responsable de todas as persoas no cumprimento das medidas de prevención específicas anteriores.