O Concello de Ordes convocou esta mañá aos membros da corporación, veciños, veciñas, persoal municipal etc a participar na concentración na que se amosou a repulsa polos atentados acontecidos no día de onte en Niza (Francia), así como o apoio ás vítimas e aos seus familiares. Non faltaron representantes do equipo de Goberno local, co alcalde á cabeza, así como membros doutras forzas políticas. Tamén amosaron as súas condolencias moitos dos traballadores e traballadoras da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Con esta medida deuse resposta á petición formulada pola Federación Española de Municipios e Provincias para amosar a consternación ante estes graves e lutuosos actos.
 

Minuto de silencio en Ordes en sinal de repulsa  ao atentado de Niza