ENTROIDORDES 2021
Concurso de disfraces do Entroido 2021.
Nesta edición, ante a situación epidemiolóxica que vivimos e para evitar aglomeracións nas rúas, o concurso realizarase a través da presentación de vídeos, e será requisito imprescindible que os/as participantes vaian disfrazados/as.
Participantes.
Poderán participar no concurso todas e todos aqueles veciños de Ordes, residentes no termo municipal, que teñan a idade requirida para cada categoría.
-
Estas categorías serán:
-
XOVE: Ata 14 anos.
-
SÉNIOR: Máis de 14 anos.
-
FAMILIAR: Sen límite de idade ou número de participantes, mentres sexan conviventes.
-
Condicións da participación.
Nas dúas primeiras categorías poderase participar de xeito individual ou colectivo (sempre que todas e todos os participantes estean dentro da franxa de idade desa categoría). Se existisen persoas participantes con idades pertencentes a distintas categorías, deberán competir na categoría familiar. Todas as participacións colectivas deberán ser de persoas conviventes. Será requisito ir disfrazado e o vídeo poderá consistir nun baile, canción, parodia, imitación, ...etc. O límite máximo será de 3 minutos.
Poderase editar ou gravar utilizando calquera programa ou app, como por exemplo tik-tok, se ben será necesario subilo ao Facebook coas seguintes instrucións.
-
Seguir a páxina oficial do Concello de Ordes en Facebook @concellodeordes.
-
Publicar o vídeo na páxina persoal do/a participante seleccionando a opción “PÚBLICO”.
-
Mencionar na publicación do vídeo á conta @concellodeordes. Engadir tamén a categoría na que se participa e o hashtag #EntroidOrdes2021.
-
Enviar unha mensaxe privada ao Facebook do Concello de Ordes na que se especificarán os seguintes datos:
-
Nome do vídeo.
-
Nome, apelidos e DNI da persoa inscrita ou representante (maior de idade).
-
Idade e categoría na que participa.
-
Teléfono de contacto.
-
#EntroidOrdes2021
-
Prazos.
Dende o mércores 10 ao mércores 17 de febreiro de 2021.
Prazo de votación: Ata o 21 de febreiro de 2021.
O luns 22 de febreiro realizarase o reconto a anunciaranse os/as gañadores/as por medio das redes sociais e a páxina web do Concello de Ordes.
Premios.
Categoría Xove (Ata 14 anos)
-
1º Premio: Vale de 300 € para gastar no comercio local.
-
2º Premio: Vale de 200 € para gastar no comercio local.
-
3º Premio: Vale de 100 € para gastar no comercio local.
Categoría Sénior (Máis de 14 anos)
-
1º Premio: Vale de 300 € para gastar no comercio local.
-
2º Premio: Vale de 200 € para gastar no comercio local.
-
3º Premio: Vale de 100 € para gastar no comercio local.
Categoría Familiar
-
1º Premio: Vale de 300 € para gastar no comercio local.
-
2º Premio: Vale de 200 € para gastar no comercio local.
-
3º Premio: Vale de 100 € para gastar no comercio local.
