Audio do pleno

  • Na tarde de onte celebrouse o pleno ordinario do mes de xaneiro, no que se aprobou o POS+2021 e o POS+ adicional 1/2021.

  • A única moción de UxO foi rexeita a urxencia por tratarse de un rogo conforme ao ROF do Concello de Ordes, e a negativa do seu voceiro a atender dita petición por parte da presidencia.

  • O BNG formulou a súa vez unha única moción, da que non se aceptou a súa urxencia, por defectos importantes en canto ao fundamento contable no contido, incidir en competencias impropias, e unha exposición de motivos baseada en gran medida en proferir ataques contra a actual xestión municipal.

O primeiro pleno ordinario do ano 2021, celebrouse por medios telemáticos (videoconferencia) e emitido polas ondas de radio Ordes e app municipal, como consecuencia da situación de excepcionalidade que estamos a vivir pola crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, sendo a data de onte 91 os casos activos do municipio, e 100 casos a incidencia a 14 días.

Aprobación das actas das sesións anteriores de data 14/11/2020 e 26/11/2020.  
  
O primeiro punto da orde do día, conforme se acordou na xunta de voceiros, foi a aprobación das actas das sesións pendentes. Estas acadaron a votación favorable de 16 integrantes da corporación, salvando a abstención o concelleiro do BNG, don Gonzalo Veiras, que non asistirá a ningunha das mesmas.

POS+2021.

O terceiro punto da orde do día, logo de darse conta de que non había informes de alcaldía, foi a aprobación do POS+2021 (plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal). A dotación económica para o Concello de Ordes, en esta anualidade, consta de unha achega 2021 por importe de 383.005,75 euros (toda ela pasa a ser destinada a gastos correntes), unha achega 2020 para investimentos financeiramente sostibles, suma de 312.786,39 euros procedentes de baixas nas licitacións (POS+2017 complementario e POS+2018 principal e complementario) e 163.009,02 euros de aportación do ente provincial, para un total de 475.795,41 euros. Completa o plan provincial, a contía de 91.191,84 euros de préstamo que se destina integramente a amortizar parte dos 725.000 euros de débeda viva que presenta a comezos do presente ano o organismo municipal.

PLAN DE OBRAS DO POS+2021.

Formado por 4 proxectos, procedentes todos eles de actuacións pendentes de anos anteriores (2018 e 2020), pola negativa a incorporación de fondos previamente comprometidos por parte da Deputación; 4 proxectos que supoñerán unha inversión total de 596.149,05 euros, grazas a aportación suplementaria municipal de 120.353,64 euros para complementar a achega provincial.

1.- Camiño Aldeíña a límite de Oroso e Outro (Barbeiros). Tratarse con aglomerado en quente o acceso pendente en Os Baltares, e rematarase a pista principal da parroquia con mesmo tratamento, comezo en a Aldeíña ata o límite con Oroso ao pasar o lugar de Uzal. Importe de 129.583,76 euros.
2.- Camiños en Reboredo, Merelle e O Conde (Ordes). 6 camiños nas inmediacións de estes núcleos, por un importe total de 66.128,17 euros.
3.- Camiño de A Chan a Escola e Outros (Montaos). 13 camiños que se van a tratar con aglomerado nas zonas de Chan, Sobreira, Queis, Albariña, etc., con un importe total de 273.896,43 euros.
4.- Camiño límite Mesía a AC-524 por Casal e Armada (Vilamaior). Proponse en este caso adaptar e consolidar a plataforma de esta vía municipal que comunica a estrada autonómica co límite con Mesía, ao fin de gañar longo e firme, e que en unha vez asentado, conforme aos criterios establecidos pola asistencia técnica municipal, en un futuro inmediato se poida dotar este tramo de case 3 kms. de unha capa axeita de aglomerado en quente. Importe de esta actuación para licitación pola contía de 126.540,69 euros.

PLAN DE OBRAS DO POS+2021 complementario.

Dando cumprimento as bases do plan provincial, tamén se aprobaron outros 4 proxectos, a espera de aportación de fondos ao longo do presente exercicio que permitan poder levalos a cabo. Ese é o compromiso que foi trasladado, e agardase que este ano se cumpra, e non aconteza como no ano 2020. Son de novo 4 obras pendentes de exercicios precedentes, e que non foron dotadas de fondos nos anos 2017 e 2020.

5.- Camiño Igrexa de Leira – Loureda – AC-409 e Outros (Leira). Propón o arranxo da principal comunicación dende a estrada de Mercurín, a igrexa de Leira, atravesando o núcleo de Loureda; así como os interiores en A Portela, e o vial que comunica a N-550 atravesando todo o núcleo de O Conde da parroquia de Ordes. Importe de 130.478,74 euros.
6.- Camiño A Rúa-Carballedo (Buscás). Actuarase en este caso novamente en adaptar e consolidar a plataforma de esta vía municipal, ao fin de gañar longo e firme, e que en unha vez asentado, conforme aos criterios establecidos pola asistencia técnica municipal, en un futuro inmediato se poida dotar este tramo de unha capa axeita de aglomerado en quente. Importe de esta actuación para licitación pola contía de 76.125,27 euros.
7.- Pista dende a AC-409 a Meitufe e Outros (Leira). Resolvese o acceso a unha vivenda no PK-6 da estrada autonómica, aglomerase a pista dende este punto ata Meitufe, e ampliase o acceso a igrexa de Leira dende a fonte (N-550), dotando a súa vez de servizo de saneamento. Ascende a licitación de esta obra a 91.636,76 euros.
8.- Estrada do Mesón a Barcula e Outro (Ardemil). 2 camiños. Actuación esquecida para aportación de fondo pola Deputación no ano 2017, que vai permitir comunicar o Mesón do Vento, O Seixo e a Barcula, en parte coincidindo coa traza do Camiño Inglés. E o camiño que dende a N-550 en A Reboira, comunica con Cabeza de Lobo, onde ao remate do ano 2020 se estendeu a rede de abastecemento pública, recollendo a vez os interiores da aldea da Reboira. Todo o proxecto con solución de rodadura en aglomerado por importe de 321.907,46 euros.

Aberto o debate, o PSOE, preguntou polos criterios para escoller estas obras e non outras, ao que se deu resposta novamente que se trata de retomar, agardase que de xeito definitivo, todos os proxectos xa aprobados anteriormente polo pleno, e que non foron dotados de fondos por parte da Deputación nos anos 2017, 2018 ou 2020.

UxO, queixouse de que as obras non chegan as 13 parroquias da localidade, e apreciou que non resolven servizos básicos que eles puntualizaron, como maiores aportacións en abastecemento e saneamento. A resposta do goberno é a mesma que para o PSOE, e engadindo que dentro dos proxecto si hai pequenas actuacións para complementar redes de abastecemento e saneamento. Polo que convidouse ao voceiro a examinar en maior profundidade os proxectos.

O BNG, na liña de anos precedentes, quixo facer constar de que varias das obras que se van aprobar xa foran solicitadas por eles con anterioridade, criticou a non posibilidade de poder ter aportado iniciativas en esta anualidade, remarcou que a Deputación co POS+ achega mais fondos as entidades locais con comparacións co posto a disposición no ano 2012, e acusou ao goberno de plantexar solucións inadecuadas en diferentes obras, en canto a traza e ao tratamento superficial das mesmas. 

A resposta do alcalde en este caso, foi a defensa do traballo elaborado polos técnicos da asistencia técnica municipal, que propoñen as solucións mais axeitadas para as vías, e nos propios proxectos se xustifica na memoria e nos planos a actuación que se vai a acometer en cada vial en función do estado que presenta na actualidade. O alcalde non dubidou en tachar ao voceiro do BNG en varias ocasións de mentireiro, pois busca confundir a poboación, e remarcou que existe compromiso con estas actuacións, todas elas salvo pequenos tramos, xa aprobadas en planos de exercicios anteriores dentro do plan de obras e servizos. A vez aproveitou para deixar claro que as baixas das licitacións deben ser devoltas ao concello onde se produciron, deixando así fora de lugar as múltiples manifestacións en plenos anteriores e redes sociais por parte do BNG, de que ese diñeiro non tiña que devolverse para novas inversións, e que era o goberno quen aplicaba mal as bases do plan único. Esta re inversión de baixas queda acredita no POS+2021 co reintegro de preto de 313.000 euros; e seguen pendentes a data presente mais de 190.000 euros do POS+ 2019 e 2020, e 48.800 euros das nominativas asinadas en 2016 e 2017.

Finalmente a votación saíu aprobada co único voto favorable para que se poidan levar estas actuacións, dos 9 concelleiros do PPdeG que conforman o goberno; e a abstención de BNG, UxO e PSdG-Psoe. 

POS+ 1/2021 adicional.

O plan adicional para gastos sociais si foi aprobado por unanimidade, ascendendo a contía total a 232.124,69 euros, que será transferida a Mancomunidade de Ordes para atender reforzo de persoal, dotar partidas destinadas a dependentes e maiores, axudas escolarización, ampliación servizo de axuda a domicilio, programas de conciliación, EPIS e outras medidas en beneficio dos sectores mais vulnerables da sociedade.

Mocións.

UxO presentou unha moción por vía de urxencia sobre dotar de gardaraís a nova senda peonil que transcorre pola AC-524 dende o Paraíso ata A Costa/Outeiro (Poulo).

Previamente o alcalde en aplicación do Regulamento Orgánico de Funcionamento, en concreto o art. 34.2, recordoulle que tiña que reformulala como rogo. Cuestión declinada polo voceiro, Sr. Iglesias, e en consecuencia foi declinada a urxencia do acordo.

Pola súa parte o BNG, trouxo ao pleno ordinario, unha moción sobre o investimento dos remanentes de tesourería, con acordos para destinar parte dos 5,223 millóns de euros que había nas arcas públicas ao remate do ano 2020, a dotación de redes de saneamento e abastecemento, campañas de impulso do comercio e da hostalería, e adquisición con 3 millóns de euros de obras abandonadas pola crise ao fin de rematalas e destinalas a vivendas de protección oficial.  

O alcalde xustificou a total oposición a esta moción, logo de votarse en contra a urxencia cos únicos votos do goberno, invocando varios fundamentos. A política de gasto é competencia do equipo de goberno. O BNG confunde a tesourería das arcas públicas (fondos para facer fronte aos pagos) co remanente orzamentario para gastos xerais, o que desvirtúa o fondo dos acordos propostos. O emprego de unha exposición de motivos pensada para proferir ataques e case descualificacións, faltando a verdade, e baseada tan só en buscar o titular e a foto para as redes sociais. E finalmente na falta de fundamento contable, por carecer do preceptivo informe da intervención e incumprir todas e cada unha das advertencias do risco de gastar a totalidade do remanente en actuacións, dada a previsión da baixada de ingresos en transferencias a conta nos anos 2022 e seguintes por parte do goberno do Estado.

Recalcou novamente, como en anos precedentes, o xeito no que deben ser tratados os remanentes de tesourería, pola vía de suplementos de crédito a un orzamento en vigor e conforme as bases legais vixentes e sempre apoiados nos informes favorables dos técnicos; e recordou que a liquidación non estará formalizada ata o remate do mes de febreiro do presente ano, e que como moito poderá achegarse a cifra total aos 3 millóns de euros, moi lonxe esta cantidade da que finalmente vaia a poder gastarse integramente. 

Rematou a xustificación recordando ao voceiro e ao BNG, que a xestión dos recursos públicos debe ser rigorosa, e que a obriga do goberno e cadrar as contas cada ano, lonxe de valorar propostas irrealizables baseadas en ocorrencias que contraveñen a legalidade e atenten contra o interese xeral. E que si os veciños lle deron o apoio maioritario en maio de 2019, é para desenrolar o programa co que se presentaron, e a vez escapar das políticas de faladurías ou intereses persoais. Pediulle o alcalde ao voceiro do BNG, que deixe de confundir con intencionalidade, pois iso é o do peor que se lle pode achacar a un político que aspirou e aspira a ser alcalde do seu pobo. A oposición está no dereito de presentar propostas que considere, e o goberno a vez en rexeitalas e non debatelas cumprindo o regulamento orgánico, e mais se veñen baseadas en acordo infundados e só útiles para a galería, que poderían a vez poñer en risco as contas saneadas e a estabilidade municipal para atender as obrigas de pago no menor tempo posible.

Rogos e preguntas.

Todos os grupos políticos formularon rogos e preguntas, ao fin de fiscalizar e controlar a xestión municipal.

Psoe, pedindo asumir o copago actual do SAF de xeito íntegro a Xunta de Galicia, que foi rebatido pola concelleira de política social coa norma vixente e o incremento de horas nos pasados anos de 13000 ata preto de 30000.

Uxo, solicitou a revisión de colectores de lixo en mal estado, comprar medidores de CO2 para espazos cerrados, arranxo de danos na Rúa Emilio Pardo Bazán, e a adaptación da traza do paseo fluvial para persoas con mobilidade reducida.

Pola parte do BNG, pedíronse papeleiras para a rúa Francisco Asorei, que se insista no cumprimento de un acordo plenario de novembro ante turismo de Galicia, a reparación de unha marquesiña no paseo Iván Raña, e o arranxo de un farol na senda de As Casillas. 

No apartado de preguntas, tratouse a ponte de Trillán danada en Buscás, e que está pendente de informe favorable de Patrimonio para o seu arranxo, e a solicitude de cribados masivos na localidade, ambas por parte do PSOE; a sección da traza da obra das beirarúas no Casal dende UXO, a cal se adapta as NNSS vixentes; e escritos veciñais dirixidos a alcaldía non remitidos aos grupos políticos, que non se adaptan a dereito, pois os cidadáns xa gozan de medios electrónicos oficiais para conectar cos grupos da oposición, e o feito de non estar edificada as parcelas 79 e 47 do parque empresarial de Ordes nin soterrada a liña de media tensión que atravesa a 79, cuestións estas dadas a coñecer no pleno celebrado en outubro de 2018, e que non se atopan resoltas con Naturgy, nin as empresas se instalaron, recordando que se atopan en prazo para cumprir os compromisos de inicio de trámites para construír nas finca e xerar os postos de traballo anunciados, en este dous casos, preguntas formuladas polo voceiro do BNG.

En todos os temas propostos dende a oposición, recibiron a resposta ou toma en consideración dende o goberno local, por parte das diferentes áreas de goberno.

 

Aprobado o POS+2021 por 1,21 millóns de euros, cos únicos votos favorables do grupo de goberno