spacer
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DE MEDIOS ELECTRÓNICOS PARA  RELACIONARSE CO CONCELLO DE ORDES

O art. 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP) establece para determinados colectivos a obrigatoriedade de relacionarse a través de medios electrónicos co Concello de Ordes.

Isto implica:

  • Presentar todos os documentos que estes colectivos dirixan ao Concello de Ordes a través do rexistro telemático existente na sede electrónica municipal (https://sede.ordes.gal/opencms/gl/sobrelasede/registro_telematico/), ou a través dos rexistros electrónicos dos suxeitos que comprende o sector público (art. 2.1 LPACAP).
  • Recibir todas as notificacións por vía exclusivamente electrónica. 

Isto aplica a:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais colexiados/as.
  • Persoas que representen a algunha das anteriormente indicadas.

Dende o 1 de xaneiro de 2021 non se admitirá a presentación presencial en papel de documentos por parte destes colectivos na oficina de rexistro do Concello de Ordes.

Para poder realizar a presentación telemática de escritos, solicitudes ou comunicacións, é necesario identificarse a través do sistema cl@ve, podendo rexistrarse no seguinte enderezo: https://clave.gob.es/clave_Home/registro.html.

Poderán coñecer como funciona o sistema cl@ve no seguinte enderezo: https://clave.gob.es/clave_Home/clave/queEs.html

Dende o 1 de xaneiro de 2021 o Concello de Ordes practicará todas as notificacións a estes colectivos de forma exclusivamente electrónica a través do Sistema de Notificación Electrónica de Galicia (Notifica.gal) ao que poderá accederse no seguinte enderezo: https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login.

Para utilizar estes colectivos os servizos de Notifica.gal deberán dispoñer dun usuario e clave no servizo Chave365 ou dun certificado de persoa física ou xurídica asociado ao NIF da persoa destinataria desta, podéndose autorizar a outra persoa a acceder ao contido das súas notificacións.

Por este motivo, no caso de que aínda non o teñan feito, estes colectivos deberán completar a súa alta no sistema Notifica.gal indicando un enderezo de correo electrónico e/ou un teléfono móbil. Estes datos utilizaranse para enviarlle avisos de posta a disposición das próximas notificacións que se lle efectúen.  

De acordo co establecido no artigo 43.2 LPACAP, as notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Así mesmo, entenderanse rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido. 

Poderán coñecer como funciona o sistema Notifica.gal no seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/notifica.

O Concello de Ordes tamén realizará as notificacións por medios electrónicos cando así o soliciten os cidadáns de forma expresa.