• 2 facultativos, 1 enfermeira, 1 persoal de servizos xerais e 1 fisioterapeuta darán atención sanitaria ordinaria.

  • Increméntase así a carteira de servizos deste centro, que xa tiña aumentado este ano coa incorporación dun traballador social.

A xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza implanta a atención ordinaria de tarde no Centro de Saúde de Ordes. Desde o vindeiro mes de xaneiro 2 facultativos, 1 enfermeira, 1 PSX e 1 fisioterapeuta atenderán aos ordenses no seu Centro de Saúde todas as tardes laborables. Atención que se ven sumar á asistencia urxente que presta o Punto de Atención Continuada tardes e noites, ademais dos festivos.

Esta ampliación da carteira de Servizos no centro de Saúde ordense vense sumar á incorporación dunha Traballadora Social a principios de este ano e ás melloras en infraestructuras (obras de mellora en Pediatria) e á adquisición de nova tecnoloxía sanitaria este ano, como desfibrilador, espirómetro, electrocardiógrafo, desfibrilador ou dermatoscopio, entre outros.

Este centro de atención primaria conta cun cadro de persoal de máis de 30 profesionais e con numerosos servizos de apoio, ademais da atencíón de medicina de familia, pediátrica e de enfermería, como matrona, fisioterapeuta, hixienista bucodental, odontoloxía, farmacia e traballador social, implantado este ano. En total, o pasado 2019 os traballadores dos diferentes servizos realizaron máis de 145.000 consultas de todo tipo cunha poboación de máis 13.000 tarxetas sanitarias.

O CENTRO DE SAÚDE DE ORDES INICIA A ACTIVIDADE DE TARDE A PARTIR DE XANEIRO