Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes realizouse unha forte campaña de promoción da Noite Branca de Samaín, de feito Sol Vázquez, Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, visitou Ordes, para inaugurar a devandita iniciativa. Ademais, Sol Vázquez, mantivo un encontro ao aire libre co presidente de AeccorCCA, David Viaño Noya quen, xunto a tres membros da directiva, acompañárona nun percorrido pola rúas de Ordes.
 

Sol Vázquez, Directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, visitou Ordes para inaugurar a campaña de promoción do Samaín da AECOR