Debido á celebración da festividade do Día de Defuntos e de Todos os Santos que ocasiona a agrupación nos cemiterios de persoas nun corto período de tempo, moitas delas vulnerables, o desprazamento entre localidades e o consecuente encontro de unidades familiares de distintos ámbitos territoriais, a Dirección Xeral de Saúde Pública elaborou un documento cunhas recomendacións para minimizar o risco de transmisión do virus que se resumen do seguinte xeito:

  • Evitarase o contacto físico e deberase cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal (polo menos 1,5 metros).

  • Limitacións dun grupo máximo de 4 persoas e duración máxima de 30 minutos para as visitas.

  • Emprego obrigatorio de máscara cirúrxica/hixiénica.

  • Non se poderá fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre cando non se poida respectar unha distancia mínima interpersoal de, polo menos, 2 metros.

  • Adecuada hixiene de mans e hixiene respiratoria.

Estas recomendacións axustaranse á situación epidemiolóxica existente en cada momento na Comunidade Autónoma de Galicia.

PREVENCIÓN DA INFECCIÓN POLO  VIRUS SARS-CoV-2 NOS  CEMITERIOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE  GALICIA ANTE A FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS E DEFUNTOS.