Desde hoxe mércores 28 ata o sábado 31 de outubro a Noite Branca de Samaín, organizada por AECORCCA, ambientará os comercios de Ordes e repartiranse entre toda a clientela 20.000 participacións para o sorteo dunha SEMANA EN AUTOCARAVANA. 
Ademais, e durante a tarde do sábado, catro animadores serán os encargados de repartir lambetadas e caramelos para os máis peques, visitando os nosos asociados e paseando polas rúas de Ordes caracterizados para a ocasión. Sen esquecer que durante esa mesma tarde o grupo de gaitas Faíscas da Pontraga animará o pobo coa súa música. (Todo dentro das medidas de protección da Covid-19).
Desde a asociación realizouse unha forte campaña de promoción, de feito Sol Vázquez, Directora Xeral de Comercio (Xunta de Galicia), visitará hoxe Ordes, para inaugurar a devandita iniciativa.

NOITE BRANCA DE SAMAÍN