spacer
A CAMPAÑA "VOLTA AO COLE" QUE ORGANIZOU O NOVO CENTRO COMERCIAL ABERTO DA AECOR LOGRA 5000 VENDAS NUN MES

Acaba de rematar a campaña "Volta ao Cole", que organizou o novo Centro Comercial Aberto da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ordes. A gañadora do sorteo do ordenador portátil foi Alicia Couselo Silveira, quen saíu elixida entre as case 1000 tarxetas que se entregaron cubertas para entrar no sorteo. Cómpre lembrar que, para participar, a clientela debía comprar en cinco establecementos diferentes.
Segundo David Viaño Noia, presidente de AecorCCA, “esta campaña foi un éxito total, non só coa participación de máis de 100 comercios, senón na resposta do público en xeral, e iso notouse na vendas. Durante todo o mes de setembro, e grazas á campaña Volta ao Cole, realizáronse máis de 5000 vendas directas entre todos os establecementos participantes”, incrementando así unha alta porcentaxe de participación tanto entre os asociados como na asistencia de clientela en xeral.