A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes  amplía os seus fondos e estrea una nova sección  que ten como finalidade a inclusión social. Para lograr este obxectivo,  incorporáronse numerosas obras dirixidas principalmente ao público infantil e xuvenil, aínda que tamén servirá de apoio ás familias e aos colectivos con necesidades educativas especiais.

A Biblioteca Inclusiva de Ordes incorpora dous apartados: “Educando en valores” e  “Educando en diversidade”.  Neste proxecto implicáronse o Concello de Ordes, a propia Biblioteca e numerosos colectivos e profesionais expertos na materia.

Nesta pioneira iniciativa da  Biblioteca de Ordes, o público usuario será o protagonista coas suxestións, peticións e opinións que tanto valoramos.  

FACENDO BIBLIOTECA!

ESTREA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE ORDES: “A BIBLIOTECA INCLUSIVA”