Visita do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, ao Obradoiro de Emprego de Ordes.
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou onte en Ordes o taller dual de emprego no que tamén participan os concellos de Frades e Mesía. Un total de 20 alumnos e alumnas están a recibir formación especializada en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, á vez que contan cun contrato de traballo e poden acceder a un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.
Casal puxo en valor estes programas mixtos que combinan formación e emprego destacando que o acceso a unha cualificación especializada é o camiño para a creación de máis emprego en Galicia.
O director xeral lembrou que a Xunta desenvolve os talleres de emprego en colaboración cos concellos e entidades indicando, respecto diso, que a cooperación é clave para a recuperación económica. Así mesmo, apuntou que unha formación para o emprego acomodada permite responder ás principais demandas dos novos mercados laborais no novo escenario económico postcovid-19 e afirmou que a formación é dinamizadora do emprego de calidade e da inserción laboral da mocidade e das persoas con máis dificultades para atopar un emprego.
Deste xeito, a Xunta está a investir 22,3 millóns de euros no desenvolvemento de 77 talleres de emprego nos que están a participar máis de 1400 persoas sen emprego. Dos 77 programas un total de 57 son talleres duais que a Administración autonómica financia con preto de 19 millóns de euros. Dentro destes, 11 están centrados no ámbito forestal, como é o caso do de Ordes, Mesía e Frades, e 3 no Camiño de Santiago.
Nos talleres duais a Xunta incentiva a contratación das persoas participantes nas empresas e teñen preferencia as desempregadss con especiais dificultades para atopar un traballo como son os/as emigrantes retornados/as, as mulleres, os/as parados/as de longa duración, os/as maiores de 45 anos, persoas con discapacidade, as persoas que carecen de titulación universitaria ou de FP de grao superior ou as beneficiarias do tramo de inserción da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga).
Menores de 30 anos
Na visita, Casal, ademais, informou ás persoas participantes da resolución do programa de emprego para persoas mozas na que participarán a partir deste mes 300 menores de 30 anos. A Xunta acaba de seleccionar os 19 programas que se desenvolverán para o que se tiveron en conta criterios como que o municipio beneficiario fora resultado dunha agrupación, fusión ou se tratara dun Concello emprendedor. Tamén se valorou que os proxectos estiveran relacionados coas TIC e coa economía dixital e que gardaran relación co tecido empresarial do territorio, así como as posibilidades de inserción laboral.
Unha vez seleccionados os programas, levará a cabo agora unha selección das 297 persoas participantes a través das oficinas de emprego, na que se terá en conta, ademais da idade, a experiencia laboral previa, a permanencia no desemprego ou o nivel de cualificación. Darase prioridade a aquelas persoas mozas que non recibiran previamente atención por parte do Sistema nacional de garantía xuvenil.
O alumnado obterá formación e, ademais, dispoñerá dun contrato de traballo. Así, percibirán un salario durante a súa participación na actividade ao longo de 12 meses.
e a súa participación na actividade ao longo de 12 meses.