spacer
APERTURA PISCINA MUNICIPAL "O MUIÑO"

Apertura da piscina municipal "O Muiño" tempada 2020: 

  • do 20 de xuño ao 6 de setembro.

Abonos e inscricións para os cursos de natación: a partires do xoves 18 de xuño no departamento de deportes (1ª planta). 

As instalacións da piscina municipal Ivan Rañá manteranse pechadas alomenos ata o 1 de setembro, agardando que a situación sanitaria permita a súa apertura na nova tempada. 

NORMATIVA DA INSTALACIÓN.

  1. Obrigatorio o uso de máscara no caso de que non se poda manter a distancia de seguridade de 1,5 metros.

  2. Deberase desinfectar as mans á entrada da instalación.

  3. O aforo máximo será de 509 persoas (75 % do aforo).

  4. O acceso será mediante presentación de carnet de aboado da instalación, podendo acceder mediante entrada puntual, sempre que o número de aboados sexa inferior ao número máximo de aforo permitido, sendo o número de entradas dispoñibles a diferenza entre o aforo permitido e o número de aboados.

  5. Nas zonas de estancia dos usuarios, establecerase unha distribución espacial para procurar a distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios non conviventes. Os obxectos persoais, deben permanecer dentro do perímetro de seguridade establecido de 1,5 metros, evitando contacto co resto de usuarios.

  6. A ocupación máxima para o uso dos aseos e vestiarios de clientes, visitantes ou usuarios será dunha persoa para espazos de ata catro metros cadrados, salvo naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia; nese caso tamén se permitirá a utilización por parte do seu acompañante. Para aseos de máis de catro metros cadrados que conten con máis dunha cabina ou urinario, a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas e urinarios que teña a estancia, e deberá manterse durante o seu uso a distancia de seguridade interpersoal.

  7. Non se permite o uso das duchas dos vestiarios. Permítese o uso das duchas perimétricas aos vasos de nado.

  8. Os desprazamentos e uso de zonas comúns limitaranse ao mínimo necesario.

  9. Non se permite o uso de material de xogo, só permitíndose o uso de material auxiliar de natación (manguitos, burbullas, gafas,...).

  10. Non se acudirá ou abandonarase a instalación no caso de notar síntomas compatibles co Covid-19.