PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE NOVO INGRESO NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL SORRISOS
No DOG N° 94, de data 15/05/2020, publicouse pola Axencia Galega de Servizos Sociais a RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2020 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2020/21 (códigos de procedemento BS402A e BS402F).
De conformidade co establecído no art. 9 do Regulamento de réxime interior da escola infantil municipal “Sorrisos” do Concello de Ordes ábrese o prazo de presentación de sołicitudes de novo ingreso que será do 21 de maio ao 4 de xuño de 2020.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.
Visto que durante a vixencia do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, os cidadáns estźn suxeitos a medidas de limitación da liberdade de circulación e que estas medidas dificultan, e na maioría dos casos impiden, que as persoas poidan realizar trámites presencialmente, recoméndase que todas as persoas que dispoñan de medios electrónicos de ídentificación e sinatura presenten a súa solicítude de nave ingreso a través da aede electrónica do concello de Ordes, á que poderăn acceder no seguinte enlace:
