Presentación do libro "Ferreñas & Rock and Roll"
O vindeiro venres 14 de febreiro, as 20 horas, terá lugar a presentación do libro "Ferreñas e rock and roll" de Laura Romero e Iria Pedreira.
A publicación chegou ás librarías a comezos de decembro a través de Baía Edicións logo de ser galardoada co premio Luisa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado en 2018 pola Deputación da Coruña. O acto comezará coa presenza das dúas autoras, da directora de Baía Edicións, Belén López e do músico e escritor Xurxo Souto.
A publicación fai un percorrido pola traxectoria de trinta e unha mulleres que deixaron unha fonda pegada na historia da música en Galicia, non sempre recoñecida, polo que este libro quere visibilizar as músicas galegas nun eido dominado polos homes, ao abeiro das cifras de participación en festivais de música e do devandito descoñecemento xeneralizado de moitas destas mulleres.