spacer
X FEIRA DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ORDES.

O vindeiro xoves día 13, arranca no 1º andar da Praza de Abastos de Ordes a X Feira de Oportunidades organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).

A Praza de Abastos será a localización escollida un ano mais, e con éste vai xa unha década, para a celebración da Feira de Oportunidades que organiza o Concello de Ordes. Nela, todo aquel que se achegue dende o vindeiro xoves 13 ata o sábado 15 pola Praza de Abastos, poderá atopar as mellores ofertas en roupa, deporte e complementos. O horario de apertura será de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas.

Os participantes na X edición da Feira de Oportunidades son:

  • Alfombra Roja (zapatería)

  • Blanco Moda (infantil e xuvenil)

  • Carma (zapatería)

  • Chic (moda muller)

  • Dress (moda muller)

  • Juan Carlos Varela (moda infantil)

  • Muxa (moda muller)

  • Peteiro (decoración)

  • Arco Iris (mercería)

  • Dana e Aine (complementos)

  • Numa (moda muller)

  • El Mercado del Retal.

     A maiores, o Concello de Ordes porá a disposición das persoas que visiten a feira un servizo de recuncho infantil. Este servizo estará dispoñible en horario de 18 a 20 horas ampliándose o sábado en horario de mañá de 10:30 a 12:30 horas.

     A X Feira de Oportunidades está organizada polo Concello de Ordes en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).