spacer
Pablo Díez e Andrés Nouche tomaron posesión como policías locais do Concello de Ordes

Esta mañá na sala de xuntas do Concello os novos policías da policía local de Ordes tomaron posesión ante o Alcalde don José Luis Martínez Sanjurjo, acompañados do oficial xefe Eduardo Rodríguez e o compañeiro Iván Otero.

Na mañá de hoxe foron nomeados funcionarios de carreira do Concello de Ordes Pablo Díez Nieto e Andrés Nouche López, na clase de policía local, logo de superar as probas selectivas correspondentes convocadas por Orden do 04/07/2018 (DOG nº 134, de data 13/07/2018) e o preceptivo curso selectivo para o acceso a categoría de policía dos corpos da policía local convocados por resolución do 25/02/2019 (DOG nº 48, de data 08/03/2019).

Toma de posesión.

O acto de toma de posesión efectuouse as 10h na sala de xuntas do edificio antigo do Concello de Ordes, estando presentes os dous novos axentes, o alcalde de Ordes, don José Luis Martínez Sanjurjo, o secretario, don Juan-Luis González Iglesias, o oficial xefe da policía local, don Eduardo Rodríguez Regos, e o axente don Iván Otero Iglesias.

Os novos axentes aparte de asinar a acta de toma de posesión, manifestaron cumprir fielmente as obrigas do posto de policía do corpo da Policía Local de este Concello, con lealdade a El Rey, e de gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado.

Pablo Díez e Andrés Nouche tomaron posesión como policías locais do Concello de Ordes

Formación previa.

Logo de superar as probas selectivas conforme a convocatoria da AGASP no ano 2018, pasaron o período teórico en dúas etapas (22/04/2019 a 12/07/2019; e 02/09/2019 a 15/11/2019), e o período de prácticas cos que son agora os seus compañeiros policías en Ordes en outras dúas etapas (13/07/2019 a 01/09/2019; e 16/11/2019 a 30/12/2019); concluíndo todo coa publicación no BOP do 20/01/2020 no que son nomeados como funcionarios de carreira.

Tanto o alcalde de Ordes, como o oficial-xefe solicitáronlles aos novos axentes dedicación no desempeño do cargo, así como o desexo de moita sorte para esta etapa que comezan ao servizo público da veciñanza de Ordes.