spacer
Case rematadas as beirarúas acceso a Fonte do Casal, por un importe de 48.000 euros.

No lugar de O Casal, están a pique de rematarse as beirarúas en un tramo que da acceso a denominada Fonte do Casal, onde tamén se atopa o lavadoiro; sendo este un importante punto de paseo a pe para boa parte da veciñanza de Ordes.
        
No día de hoxe quedaron practicamente rematadas as obras con cargo ao remanente de 2018 por un importe de 48.000 euros, de creación de beirarúas para acceso a Fonte do Casal.

Descrición das obras executadas.

Contempla o proxecto executado a formación de 342 m lineais de beirarrúa (326 m de 1,80 m. de ancho e 2 treitos de 8 m de lonxitude e 0,50 m. de ancho), con dez centímetros de xabre e dez de formigón, incluso maiazo e xuntas de dilatación e colocación de bordo de formigón
prefabricado (326 m entre beirarrúa e calzada e dous treitos de 77 e 166 m. exteriores para protección de talude), previa execución de movemento de terras necesario.
Previo á execución do pavimento contémplase a canalización de 342 m. de tubería de polietileno corrugado de 315 mm. de diámetro e execución de 12 pozos de rexistro con sumidoiro, para recollida de augas pluviais; e canalización de tubo de polipropileno verde para iluminación pública, previa escavación de zanxa, posterior recheo compactado da mesma e reposición do pavimento da calzada afectado pola execución das obras, semellante ó existente.
Completaron  a obra unha partida para adaptación de pozos e arquetas a nova rasante.

Case rematadas as beirarúas acceso a Fonte do Casal, por un importe de 48.000 euros.

Actuacións futuras.

Conforme ao compromiso adquirido polo equipo de goberno en unha reunión mantida cos veciños en novembro de 2018, ao longo de 2020 prevese que se poida executar un novo tramo en outra zona do lugar, concretamente nas proximidades do CEIP Campomaior, habitualmente empregada por moitos viandantes para dar o seu paseo diario, aparte de que se trata de unha actuación necesaria en varios puntos da traza que presentan estreiteces que dificultan enormemente o feito de atoparse e circular con seguridade dous coches cando se atopan fronte a fronte en sentido contrario da marcha.