Requisitos das/dos usuarias/os:

-     Poderán participar no Programa de Termalismo, as persoas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista de viuvez con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

-     As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
  • Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  • Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas

 Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade esixida no parágrafo  anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e,   en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos esixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
-     Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos esixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.
-    Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda a disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

Prazas e quendas convocadas:

Convócanse prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, así como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de saída.

Servizos

  • Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
  • Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
  • Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuitamente polo balneario.
  • Póliza colectiva de seguro turístico.
  • Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
  • En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2020.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2020. 

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2020.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 30 de outubro de 2020. 

Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2019, os seus expedientes estén completos.

Máis información no  Departamento de Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes. Cita previa no teléfono 981680002

TERMALISMO SOCIAL IMSERSO