Contratadas as obras por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para acometer unha fase de humanización e mellora do Campo da Feira no Mesón do Vento (Ardemil) por importe de 50.900 euros
En virtude do acordo de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ordes, vaise realizar unha primeira fase de obras en materia de urbanismo consistentes en humanizar e mellorar o Campo da Feira no Mesón do Vento (Ardemil).
O plan Hurbe 2019-2020 na súa estratexia de articular actuacións para unha posta en valor de determinados lugares de vilas e parroquias financia con 35.626,70 euros (70%) esta obra. O resto dos fondos son propios do Concello de Ordes.
En conformidade ao acordo de colaboración rubricado en convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ordes, vaise a executar unha primeira fase da obra comprometida de humanizar e mellorar o Campo da Feira no Mesón do Vento (Ardemil), con un importe total de preto de 50.900 euros, financiados o 70% pola consellería e o 30% restante polo concello de Ordes.
Descrición das obras e xustificación da solución adoitada.
A presente obra que se pretende executar con anterioridade a celebración da XXI edición da feira do Lacón con Grelos prevista para o 7 e o 8 marzo de 2020 contempla a realización de obras para a humanización e mellora do Campo da Feira contempla a formación de 1.075,80 m2 (35x1,80; 145x2,10; 45x2,10; 35x2,50; 48x2,10; 45x2,10; 40x4,50; 30x2,00; 7x5,00; 8x4,50; 10x8,00 m.) de pavimento en reposición de beirarrúas existentes en estado moi deficiente e pavimentación de sobreanchos, con cinco centímetros de xabre e quince de formigón armado, lavado, formado por capa de area de río de granulometría 0-5 e colocación de 88,70 m. de bordo de formigón para reposición do existente naquelas zonas máis necesitadas, previa demolición, nivelación e compactación do pavimento.
Previamente a execución das beirarrúas preténdese a canalización de 70 m. de tubería de 315 mm. de diámetro e execución de 2 pozos de rexistro con sumidoiro para canalización de augas pluviais, e canalización de 358 m. de tubo de polipropileno verde para iluminación pública, previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma.
Completan a obra plantexada para harmonizala no entorno a plantación de 10 árbores de sombra con cepellón, incluso cultivo ata a súa total implantación e a reposición do pavimento afectado pola execución das obras.