A praza a carón da igrexa parroquial de Parada atópase rematada logo da inversión de 48.000 euros de fondos propios por parte do Concello de Ordes
Acabada a rehabilitación do espazo anexo a igrexa de Parada, un terreo adquirido polo Concello de Ordes no ano 2017 por preto de 20.000 euros, e que foi reconvertido logo da súa pavimentación en unha praza.
As obras de adecentamento do espazo público a carón da igrexa de Parada, chegaron a súa fin, de xeito que os veciños e visitantes atoparán unha praza no que ata hai ben pouco tempo era un terreo con maleza e herba, e unha construción tipo galpón destinada a albergar a maquinaria agrícola pertencente a comunidade de usuarios do lugar. O remate das actuacións foi visitado polo concelleiro de obras, José Antonio Cabeza, acompañado do concelleiro de medio rural, José Manuel Rodríguez.
Descrición das obras e solución adoitada.
A actuación consistiu na pavimentación con quince centímetros de formigón desactivado en 850 m2 de superficie e 80 m2 a carón do acceso principal ao adro da igrexa con enlousado de granito moreno desencadrado de xunta aberta. Ao fin de dar cumprimento as medidas correctoras impostas por Patrimonio, intercaláronse tamén xuntas abertas axardinadas no pavimento de formigón e no perímetro bordo de formigón a nivel en contacto co pavimento existente. Completouse a actuación coa creación de unhas escaleiras de pedra granítica na esquina súeste para salvar o desnivel existente en ese acceso ao igrexario. Mantivéronse as árbores existentes creando acerques para as mesmas, plantáronse carballos e unha sebe de loureiro na parte traseira dos panteóns. Finalmente colócanse 3 bancos no lugar.
Actuacións anteriores.
No ano 2017 o Concello de Ordes adquiría a parcela por preto de 20.000 euros, e procedía a continuación ao seu desmonte para acondicionala provisionalmente como aparcadoiro con xabre. Os veciños logo de unha xuntanza acordaron por en venta a maquinaria agrícola común que se atopaba no galpón executado no espazo público, e unha vez retirada esta, procedeuse tamén a demolición da referida construción de bloque e formigón armado. Nos orzamentos do ano 2019, dotouse o crédito necesario para poder executar esta praza que agora se da por rematada coa obtención de un espazo aberto a modo de praza de dotación pública a carón da igrexa de Santa Mariña de Parada, unha praza para a que en vindeiras datas se propoñerá adoitar un acordo plenario ao fin de dotala de un nome propio e singular vinculado ao lugar.