En que consiste a campaña “ECO comercio”?

O Concello de Ordes dispón dunha campaña gratuíta de recollida porta a porta de cartón comercial, ECO COMERCIO, destinada á recollida selectiva de papel/cartón nos propios establecementos comerciais e nos postos de venda ambulante situados no Campo da Feira. 

Como funciona este servizo? 

Os comerciantes depositarán todos os mércores antes das 15.00 h. e na porta de acceso aos seus negocios, sen obstruír o paso aos peóns, os residuos de papel/cartón pregados, amontoados e atados, á espera de que un camión pase a retiralos entre as 15.00 e as 17.00 h. aproximadamente. Os vendedores ambulantes, unha vez rematado o mercado, todos os mércores e antes das 15.00 h. realizarán a mesma operación xuntando os vultos de papel/cartón en zonas comúns para facilitarlle o traballo ao servizo de recollida.

Que teñen que facer os/as comerciantes para ter este servizo? 

Para facer uso deste servizo de recollida porta a porta, os/as comerciantes deberán comunicalo previamente no Concello de Ordes, indicando o nome do establecemento, a dirección e o teléfono de contacto.  Deste xeito o camión de recollida pasará semanalmente cada mércores a realizar a recollida diante da porta do establecemento. 

Os establecementos que xa estaban adheridos deben comunicalo novamente?

Si. Os establecementos que xa viñan facendo uso deste servizo e que queiran seguir adheridos a el deberán comunicalo novamente. 

Os contactos son: 

  1. Teléfono: 981680002 

  2. Correo electrónico: correo@ordes.gal