Coincidindo co Día da Muller Rural, o vindeiro martes 15 de outubro estrearase o documental Murmurios de silencio. Con tal motivo comprácenos convidalos ao acto que terá lugar ás 19.30 horas no Pazo do Bidueiro (Ordes).

Ente as persoas que teñen confirmada a súa asistencia á estrea figuran:
•    Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella.
•    Presidenta Mancomunidade de Ordes, Susana García Gómez.
•    Presidente ASDECOMOR, Mariano Iglesias Castro.
•    Secretario Xeral Agader, Severino Álvarez Monteserín.
•    Subdirector Agader, Javier Blanco Carballal.
•    Alcaldes e representantes corporacións dos concellos de Ordes, Mesía, Cerceda, Trazo, Tordoia, Oroso e Frades.

O acto estará presentado pola artista local Tania Veiras e o xornalista Pablo Quinteiro.   

Estrea do documental Murmurios de silencio

 Murmurios de Silencio recolle recolle o testemuño de dez mulleres pertencentes á comarca de Ordes vítimas da violencia de xénero. Na súa propia voz explican de que xeito viron truncadas as súas vidas por mor desta gran problemática social e de como son capaces de facer para levar a cabo un novo comezo.
     O proxecto conta co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade e está promovido pola Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Ordes (ASDECOMOR), en estreita colaboración co Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes. Tamén hai que destacar a participación da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia,  da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), do Fondo Social Europeo, da Asociación de GDR de Galicia, e a do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

  • Data: Martes, 15 de outubro de 2019
  • Hora: 19.30 h.
  • Lugar: Pazo do Bidueiro (Ordes)