Sinatura do convenio para a creación da escola de baloncesto Ordes Obradoiro
José Luis Martínez Sanjurjo e Óscar Rodríguez Gutiérrez, alcalde de Ordes e directivo do Obradoiro C.A.B. respectivamente, asinarán mañá o convenio de colaboración. O principal obxecto de acordo será a creación da escola deportiva de baloncesto Ordes Obradoiro, centrándose especialmente nas categorías Baby Básket, Premini, Mini e Infantil. Ao acto tamén acudirá José Ángel Casal Fernández, presidente da fundación Heracles.
Lugar: Concello de Ordes.
Data: Mércores, 9 de outubro de 2019
Hora: 10.30 horas.