ITV AGRÍCOLA
A unidade móbil prestará servizo na nave do Mesón do Vento e no Polígono Industrial de Ordes (Merelle) para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas no Concello de Ordes durante os días que se indican a continuación:
- Nave do Campo da Feira do Mesón do Vento --> Luns 4, Martes 5, Mércores 6, Xoves 7 de novembro.
- Polígono Industrial de Ordes (Merelle) --> Venres 8, Luns 11, Martes 12, Mércores 13 de novembro.
HORARIO:
- Mañá: 9:00 a 13:30 HORAS
- Tarde: 15:15 a 18:00 HORAS
Para solicitar cita previa:
- Por teléfono: 902 30 90 00.
- A través da páxina web: www.sycitv.com
(NOTA: a admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias)