spacer
FEADER. Tratamento preventivo na rede de camiños da zona de concentración parcelaria de VILAMAIOR e BARBEIROS.

O Concello de Ordes iniciou os traballos de tratamentos preventivos de xeito mecanizado de 32,225 Ha nas marxes das vías e camiños forestais de titularidade municipal, ao abeiro da segunda addenda ao convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ordes para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2019 (ampliación do prazo de vixencia do convenio para a anualidade de 2020), cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

A actuación comprende a rede de camiños da zona de concentración parcelaria das parroquias de VILAMAIOR e BARBEIROS.

O importe da axuda ascende a 4.192,47 €