Titiricircus foi o espectáculo de monicreques co que grandes e maiores o pasaron estupendamente esta tarde na alameda de Ordes. Todo grazas a Cultura na rúa, o programa sacado adiante polo Concello de Ordes en colaboración coa Deputación da Coruña e que cada venres ofrece unha alternativa de ocio distinta. A compañía Tanxarina fai posible esta lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa de tempos pasados. Para isto válese de recordos e historias de dous dos seus vellos traballadores. Fortachóns, malabaristas.... un bo feixe de personaxes que chegaron esta tarde a Ordes movidos por fíos.... 

Homenaxe ao circo clásico en Cultura na rúa