O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes entregou os primeiros lotes de libros do seu concurso Rosalía e as nosas letras. Nesta ocasión foi o turno do alumnado de 3º da ESO do IES Maruxa Mallo quen recibiu os títulos doados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Rosalía e as nosas letras trátase dunha iniciativa dirixida aos estudantes da comarca co fin de apoiar a proclamación do Día de Rosalía o 24 de febreiro, ademais de conmemorar o Día das Letras Galegas, 17 de maio.
     O concurso consistiu na publicación no evento creado na páxina de Facebook da Mancomunidade de Ordes de vídeos e audios recitando versos de Rosalía de Castro ou de calquera outro/a escritor/a ao/á que se lle conmemorara o 17 de maio.

O SNL da Mancomunidade entrega os primeiros lotes de libros do seu concurso Rosalía e as nosas letras