Concurso de tapas 'De bo dente!'
Terá lugar nas dúas primeiras fins de semana e será a clientela dos establecementos quen proclame as persoas gañadoras. Tamén haberá importantes premios para quen deposite o seu voto nas urnas
Ordes xa ten nova data para o seu concurso de tapas. Será o vindeiro mes de xullo, concretamente durante as dúas primeiras fins de semana (días 1, 2, 3, 8, 9 e 10). Trátase da segunda edición deste concurso. Nel participan un total de 26 establecementos principalmente da vila de Ordes, e doutros lugares como Santa Cruz de Montaos e As Casillas. Esta iniciativa ten como finalidade incentivar a cultura das tapas, fomentar a calidade destas, acadar un maior número de visitantes no concello e promover a gastronomía local dinamizando a hostalería.
Novamente será a clientela de todos estes bares e restaurantes a encargada de decidir quen son os verdadeiros mestres á hora de poñerse diante dos fogóns. O xeito de proceder será mediante as votacións plasmadas nos boletos repartidos e cuñados posteriormente polos establecementos participantes. Cada establecemento contará cunha urna selada onde deberán depositar os votos, unha vez que a clientela complete o boleto de selado.
No mesmo boleto cubrirán os seus datos persoais para poder optar aos premios do público. Nesta segunda edición haberá tres lotes constituídos polos seguintes agasallos: 1º premio: O peso da persoa gañadora en cervexa Estrella Galicia, visita á bodega de Petroni, cesta de cervexas Internacionais, cesta de embutidos artesáns, botella Vallobera Mágnum. 2º premio: Visita á bodega Vallobera, vales supermercado Eroski por un importe de 30 €, vale calzados Capitán (zapatillas Mustang), botella Vallobera Mágnum. 3º premio: Vale de desconto en Javier Alfonso, vale de desconto en deportes Capitán, cesta de froitas da froitería A Nova, botella Vallobera Mágnum. A todo isto hai que engadir outros 20 premios sorpresa a repartir entre todas as papeletas participantes. A tapa con maior puntuación recibirá como premio 230 €, mentres que o segundo e o terceiro clasificados 170 e 120 € respectivamente, ademais dunha botella Vallobera Mágnum cada un deles. O acto de entrega de todos estes lotes terá lugar o 23 de xullo en horario de mañá, nun acto que se desenvolverá no salón de plenos.
Ademais de co Concello de Ordes a organización desta iniciativa, o sector hostaleiro de Ordes, conta coa colaboración das seguintes firmas comerciais locais: Calzados Capitán, carnicería Buyo, deportes Capitán, Eroski, Estrella Galicia, froitería A Nova, Javier Alfonso, Petroni, Ramón García.

Establecementos participantes:
- O TUNEL
- A BARRICA ADEGA
- HOSTAL LOURO
- MESÓN O SÓTANO
- CAFÉ - BAR CORZO
- CERVEXERÍA ISLIA
- CERVEXERÍA P.J.
- FACTORÍA DOCE
- CAFÉ - BAR O CÁRCERE
- CAFÉ - BAR O MERCADO
- CASA LUGANO
- CAFÉ – BAR ORENSE
- PARRILLADA O RANCHO
- BAR – RESTAURANTE EL PUENTE
- BAR ORELLAS
- CERVEXERÍA O VINTESETE
- ABACCO
- FEITIZO
- LITTLE COFFEE
- BIRROTECA SOUL FOOD
- BLACK & WHITE
- CAFETERÍA SAN ROQUE
- TRES TAPAS
- CAFÉ – BAR EL SALÓN
- CAFETERÍA DONIÑA
- BAR CORREOS
Colaboran:
- Estrella Galicia
- Bodegas Vallobera
- Vermú Petroni
- O'Hara's Irish Craft Beers
- Carnicería BUYO
- Froitería A NOVA
- Javier Alfonso Moda
- Deportes Capitán
- Calzados Capitán
Organiza: Concello de Ordes