O Concello de Ordes súmase ás numerosas felicitacións recibidas por Araceli Fachal Quintela, que recentemente foi galardoada co primeiro premio no I Concurso Xoves Técnicas de Automoción, concretamente na modalidade de electromecánica. Araceli Fachal estuda no IES Nº 1 de Ordes.

     O dito premio englóbase dentro das múltiples actividades levadas a cabo a pasada semana na décimo quinta edición de Motortec Automechanica, feira internacional líder da industria da automoción en España dirixida a visitantes profesionais do país, América Latina e Norte de África.

A alumna do IES Nº 1 Araceli Fachal, gañadora do I Concurso Xoves Técnicas de Automoción