spacer
Éxito de participación no XI Torneo de Fútbol 8  S.D. Club Órdenes

Máis de 300 nenos e nenas das categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín déronse cita durante dous días no campo de Vista Alegre
Esta fin de semana máis de 300 nenos e nenas das categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín participaron no XI Torneo Fútbol 8 S.D. Club Ordes, o cal tivo lugar no campo de fútbol de Vista Alegre (Ordes). Todas e todos eles formaban parte das aliñacións dos seguintes equipos: Ordes, O Milladoiro, Paiosaco, Cabana, Curtis, Arzúa, Once Caballeros, Tordoia, Visantoña, Olímpico, Bertamiráns e Cerceda. 

Tras as dúas xornadas de encontros finalmente a clasificación quedou do seguinte xeito:
Alevín: 1º Arzúa, 2º Ordes A, 3º Visantoña e 4º Ordes B.
Benxamín: 1º Arzúa, 2º Ordes A, 3º Olímpico, 4º Once Caballeros.
Prebenxamín: 1º Cerceda, 2º Ordes A, 3º Tordoia, 4º Arzúa.
Biberóns: 1º Cerceda, 2º Bertamiráns, 3º Ordes, 4º Curtis.

A S.D. Club Ordes agradece a colaboración brindada polas máis de 60 firmas comerciais da zona, así como ao Concello de Ordes, pais, nais, socios e simpatizantes que coas súas achegas e colaboración fan posible a realización deste torneo.