Situarase no primeiro andar da Praza de Abastos. En total participarán 13 establecementos comerciais con grandes ofertas en roupa, calzado, decoración, deporte e complementos. Habilitarase un recuncho infantil

Un ano máis a Praza de Abastos será o escenario para unha nova feira de oportunidades, a cal se desenvolverá do 14 ao 16 de febreiro. Concretamente será a oitava edición deste evento no que se poderán mercar ao mellor prezo pezas de roupa, obxectos de decoración, calzado etc. O horario de apertura irá de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas. 

     Nesta nova edición as firmas participantes son: Alfombra Roja (zapatería), Blanco Moda (infantil e xuvenil), Carma (zapatería), Chic (moda muller), Dress (moda muller), Juan Carlos Varela (moda infantil), Mis Personajes (xoguetería), Muxa (moda muller), Peteiro (decoración), Arco Iris (mercería), Dana e Aine (complementos), Numa (moda muller) e Sportec (deportes). 

     Ademais, a organización deste evento ten previsto un curruncho infantil para as persoas que visiten a feira. Este servizo estará dispoñible o xoves e o venres de 18 a 20 horas. O sábado este horario ampliarase de 18 a 20 horas.

     A VIII Feira de Oportunidades está organizada polo Concello de Ordes.
 

A VIII Feira de Oportunidades do Concello de Ordes terá lugar do 14 ao 16 deste mes.