Excelente actuación da ordense Lara López Fernández no Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo, disputado durante a pasada fin de semana en Ourense.

Lara López regresou á casa como nova campioa galega júnior nas probas de 100 metros remolque de manequín con aletas, na de relevos 4x25 metros remolque de manequín e na de 4x50 metros combinada. Ao seu xa engrosado palmarés hai que lle engadir tamén o título de subcampioa galega júnior de 100 metros socorrista.

O Club SASA, do que forma parte Lara López, proclamouse o mellor do campionato.

Lara López, brillante actuación no Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo