spacer
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA ORA

A partir do día 4 de febreiro de 2019 vai a comezar a aplicación da modificación da ORDENANZA DA ORDENACIÓN E REGULACIÓN DO APARCAMENTO (ORA) aprobada polo Pleno do Concello, de data 05/12/2017 (BOP n° 95, de data 08/06/2018). 

Na zona ORA e durante o seu funcionamento, non hai libre aparcamento, senón que tódolos espazos están suxeitos ao réxime de estacionamento limitado, distinguíndose dous tipos de espazos: 

  1. Os regulados mediante a adquisición de tíckets de estacionamento (T). 
    1. Rúa Alfonso Senra, no tramo desde a intersección coa rúa Rosalía de Castro até a intersección coa rúa Carnota.
    2. Rúa Parque Municlpal.
    3. Rúa do Recreo, no tramo desde a intersección coa rúa do Parque Municipal até e intersección coa rúa Alfonso Senra.
    4. Rúa República Arxentina, no tramo desde a intersección coa rúa Alfonso Senra até a intersección coa rúa Nova.
    5. Rúa do Mercado, no tramo desde a intersección coa rúa Parque municipal até a intersección coa rúa Compostela. 
  2. Os regulados mediante disco de control ou outro medio de proba da hora de estacionamento (D). 
    1. Rúa dos Lagartos.
    2. Rúa Nova.
    3. Rúa República Arxentina, tramo desde a intersección coa rúa Nova até a intersección coa rúa Rosalia de Castro.
    4. Rúa Rosalía de Castro, tramo desde a intersección coa rúa Nova até a intersección con Alfonso Senra.
    5. Rúa Reconciliación.
    6. Rúa Mercado, tramo desde a intersección coa rúa Compostela até a intersección coa rúa da Canteira.
    7. Rúa Praza de Abastos.
    8. Rúa da Canteira, desde a intersección con Alfonso Senra até a intersección coa rúa do Mercado.
    9. Rúa Compostela.
    10. Rúa do Recreo, no tramo entre a súa intersección coa rúa do Parque Municipal e a rúa Mediodia. 

Os espazos ORA están delimitados mediante liñas descontinuas de cor azul, a maiores tódalas entradas e saídas das rúas están indicadas mediante sinais verticais e especificos de comezo e fin da zona ORA, con indicación de se o espazo está ou non suxeito a pagamento. 

En cada una das prazas existentes en cada espazo ORA figurará unha indfcación do tftulo habilitante necesario para a súa utilización mediante tícket ou disco, mediante a pintura dunha letra (T) ou (D), respectivamente. 
Os tickets obteranse por medio de máquinas expendedoras instaladas na vía pública. Deberá ser colocado na parte intema do parabrisas de forma que quede totalmente visible desde o exterior para a súa axeitada comprobación. 
O disco de control deberá ser colocado na parte interna do parabrisas do vehículo de forma que quede totalmente visible desde o exterior para a súa axeitada comprobación. Poderá tamén utilizar outro medio indicador que permita comprobar a hora de chegada, cal é colocar no parabrisas do mesmo xeito unha nota coa hora de aparcamento. 
O servizo ORA funcionará en días laborables co seguinte horario: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. 

A ocupación máxima no espazo ORA de tickets (zona de pagamento) será de 210 minutos.

A ocupación máxima no espazo ORA de disco de control (zona gratuíta) será de 90 minutos. 

Pode consultar a nova distribución das zonas ORA do Concello de Ordes así como a localización dos parquímetros pulsando no seguinte enlace: