spacer
Ordes presume de novos murais

Ordes luce xa os novos murais realizados nesta última edición do festival de arte urbanos DesOrdes Creativas, desenvolvida do 6 ao 12 de agosto. 

     Os lugares escollidos para as novas obras sitúanse na piscina Municipal Iván Raña, obra asinada por Minia Regos. A homenaxe de Lidia Cao ás costureiras de Ordes pódese contemplar na N-550, mentres que a pintura de Miguel Peralta sobresae na céntrica rúa dos Lagartos. Por último Animalito Land traballou nunha das fachadas de maiores dimensión da rúa Camposanto. A  maiores a día de hoxe todavía se pode ver a obra efímera realizada por A.L. Crego. 

     De índole internacional, este festival trouxo ata Ordes artistas de Arxentina, Galicia e Almería. Paralelamente tamén se celebrou o festival DesOrdes Sonoras, no cal participaron distintos grupos e se levaron a cabo outras iniciativas artísticas como proxeccións ou a creación de aplicacións de realidade aumentada.

     Organizado polo Concello de Ordes esta iniciativa está cofinanciada pola Deputación da Coruña, que precisamente vén de asinar en datas ben recentes un convenio de 20.000 € co Concello. Ademais tamén se conta co patrocinio de pinturas Proa e Loxam Hune. Cabe sinalar a inestimable colaboración de Mutante (arte, deseño e comunicación). 

Ordes presume de novos murais