GALEUROPA 2018
Dende hoxe, venres 20 de xullo, ata o venres 3 de agosto, ábrese o prazo para inscribirse no programa Galeuropa 2018.
A convocatoria da Mancomunidade de Ordes conta con vinte prazas dispoñibles. Prevé prácticas en empresas do Reino Unido, Italia e Holanda. Poden participar mozos e mozas maiores de 18 anos que formen parte do sistema de Garantía Xuvenil. Aínda que as prácticas non están remuneradas, o programa cubre o 100% dos custos.
Máis información en galeuropa@mancomunidadedeordes.org ou nos teléfonos 981 680 679 ou 607 642 863.
Esta iniciativa está cofinanciada pola Consellería de Política Social, a Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.
Máis información na seguinte ligazón: http://www.mancomunidadeordes.gal/…/galeuropa-2018-7009.html
