Terá lugar ás 19.30 horas no Museo do Traxe Juanjo Liñares. Poderase visitar de balde ata o vindeiro 27 de maio

Mañá venres, 4 de maio, ás 19.30 horas terá lugar no Museo do Traxe Juanjo Liñares a presentación da mostra fotográfica ‘Auga, o sangue da terra’, de Manuel Valcárcel. Esta chega a Ordes grazas ao convenio asinado recentemente entre o Concello, ABANCA e Afundación. 

     A mostra, organizada en tres bloques distintos, realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. O primeiro, ‘Os estados da auga’, recolle fotografías que plasman o paso da auga de estado sólido ao líquido, así como os engarzamentos entre a montaña e o mar. ‘A auga e a vida’ inclúe imaxes de Varanasi (India) e Longshen Guilin (China). ‘Vivindo na escaseza’ é o último bloque e trata sobre a escaseza e a ausencia de auga valéndose de imaxes de Malí e os seus pescadores bozo e do deserto de Atacama.
     De entrada libre e gratuíta poderase visitar do 4 ao 27 de maio, de luns a venres de 17 a 21 horas, os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, e os domingos de 10 a 14 horas.

Hoxe inaugúrase a mostra ‘Auga, o sangue da terra’