Dª. Isabel Zendal Gómez (Santa Mariña de Parada, Ordes, 26 de febreiro de 1773 – México).

Considerada dende 1950 pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira de saúde pública da historia en misión internacional, dende 1974 o goberno de México concede o Premio Nacional de Enfermería Cendala Gómez no seu honor; a cidade da Coruña dedicoulle unha rúa e un monumento; e a escola de enfermería de San Martín de Texmelucan (Puebla, México) leva o seu nome. En Ordes a corporación local outorgoulle o título de filla predilecta o 30 de novembro de 2016, o mesmo día no que se cumpría o 213 aniversario da partida da expedición Balmis do porto da Coruña.

Isabel Zendal foi unha figura clave na Real Expedición Filantrópica da Vacina, grazas á que se puido distribuír e dispensar a cura contra a varíola por América española e Filipinas. O seu labor centrouse no coidado a bordo da corveta María Pita dos nenos e nenas que viaxaron a América e Filipinas servindo como portadores da vacina durante a travesía. Esta campaña foi financiada por Carlos V e asumida por Francisco Xavier Balmis (director) e Joseph Salvany (subdirector), dous dos seus médicos de cámara; dous axudantes cirurxiáns, dous practicantes e catro enfermeiros.

En outubro de 2016 constituíuse na Coruña a Asociación Isabel Zendal, co fin de investigar, difundir e promover nos eidos local, nacional e internacional o protagonismo de Galicia na Real Expedición Filantrópica da Vacina.
 

Dª. Isabel Zendal Gómez