XXIV CARREIRA POPULAR E ANDAINA
O Concello de Ordes celebra a XXIV edición da súa Carreira Popular o domingo 30 de xuño de 2019 na localidade de Ordes, asemade da Andaina contra o cancro, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma enfronte da Casa Consistorial.
HORARIO | CATEGORIA | PERCORRIDO |
---|---|---|
10:00 h | Sub 14 e Sub 16 | 2150 metros |
10:10 h | Andaina | 4200 metros |
10:30 h | Baby e Prebenxamín | 400 metros |
11:20 h | Sub 18, Sub 20-Sub 23-Senior e Master | 8300 metros |
11:30 h | Sub 10 e Sub 12 | 1000 metros |
INSCRICIÓNS:
O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de xuño de 2019 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais e os chips recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita a carón da Casa do Concello ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.
TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
PREMIOS EN METALICO | |||
---|---|---|---|
1º Clasificado | 2º Clasificado | 3º Clasificado | |
PREMIOS INDIVIDUAIS Iguais para mulleres e homes |
150 € | 80 € | 50 € |
PREMIOS POR CLUBS FEDERADOS | 150 € | 100 € | 50 € |
PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO | 150 € | 100 € | 50 € |