PRAZA DE ABASTOS DE ORDES Eventos
IV Feira de Oportunidades
Os comerciantes deberán inscribirse os días 30 e 31 de xaneiro. As reservas garantiranse por rigorosa orde de rexistro. Poderanse adquirir a prezos baixos roupa e calzado de todo tipo, bixutería, decoración etc.
A próxima feira de oportunidades de Ordes xa ten data de celebración. Será os días 10, 11 e 12 de febreiro no primeiro andar da Praza de Abastos. Novamente poderanse adquirir a prezos incomparables as últimas novidades en téxtil, calzado, decoración, bixutería, marroquinería etc.
O prazo de inscrición será os días 30 e 31 de xaneiro, adxudicándose o acceso aos postos por rigorosa orde de chegada. As follas de inscrición pódense recoller no Concello ou, si se prefire, redactar unha carta de solicitude. Xa de cara ao día 3 terá lugar o sorteo dos espazos habilitados entre todos os admitidos, tal e como se veu realizando en edicións anteriores.
En total serán arredor de 13 postos os que dende o Concello se lles ofrecerán aos comerciantes que queiran participar na que será a cuarta edición desta cita comercial, e que dende a súa posta en marcha alcanza importantes cifras de visitantes e vendas.
Co obxectivo de que o público poida realizar as súas compras tranquilamente o Concello porá á disposición das persoas interesadas un servizo de ludoteca na mesma Praza. O horario será de 18 a 20 horas durante os tres días. Ademais o sábado e o domingo ampliarase de 10.30 a 12.30 horas.