spacer
Casa da Cultura

A Casa da Cultura está situada en Ordes, na Rúa de Galicia nº 25, e está formada por un edificio de 3 plantas con ascensor e accesibilidade para persoas con problemas de mobilidade funcional.

Servizos

Os servicios cos que conta esta instalación son:

  • Auditorio.
  • Salas de usos múltiples.
  • Espacios para exposicións.
  • Salas de reunións.
  • Aula de Informática homologada.
  • Cociña adaptada.
  • Emisora local de Radio Ordes

Distribución

  • Planta baixa:
    • Conserxería.
    • Amplo auditorio de 400 m2 con aforo para 227 persoas sentadas e preparado para a realización de todo tipo de eventos culturais: teatro, cine, charlas…
      Dispon de equipo de son, equipo de iluminación para actuacións, proxector de gran formato con pantalla, escenario e zona de espera do escenario.
    • Aseo adaptado.
    • 2 aseos.
    • 2 almacéns. 
  • Planta primeira
    • 1 local multiúsos de 45 m2
    • 1 local multiúsos de 32,75 m2 cunha cociña totalmente adaptada de 11 m2
    • 1 despacho de 7,45 m2
    • Aseos/vestiarios con duchas de 23 m2
  • Planta segunda
    • Local da emisora local Radio Ordes.
    • Local multiusos de 45 m2
    • Aula de informática de 60 m2 dotada con 15 ordenadores con conexión de banda ancha e aseos exclusivos da aula con homologación para as seguintes  especialidades: 
      1. SSCG0209. Mediación Comunitaria.
      2. SSCB0109. Dinamización Comunitaria.
      3. ADGD0208. Xestión integrada de Recursos Humanos.
      4. ADGD0210. Creación Xestión de Microempresas.
      5. ADGG0508. Operacións de Grabación e Tratamento de datos.
      6. ADGX01. Inglés Xestión Comercial.
      7. Competencias clave nivel 2.

 

Actividades propias

Dentro das actividades que se desenvolven na Casa da Cultura destacan as charlas informativas, cursos de formación, teatro, cine, cursos de informática, teatro, exposicións, clases de baile rexional , clases de gaita, cursos de cociña...

Utilización de espazos

Calquera persoa física ou xurídica ou asociación poderá solicitar a utilización dos espazos da casa da cultura.

Máis Información

Casa da Cultura