spacer
Deportes

A oferta deportiva do Concello de Ordes estrutúrase en base a catro proxectos

Proxecto 1

Escolas deportivas municipais. Recolle o conxunto de actividades que se desenvolven con carácter estable ao longo de todo o ano e que están orientadas, principalmente, á poboación escolar e á mocidade, sen esquecernos da xente adulta.

Proxecto 2

Actividades deportivas e competicións puntuais. Engloba os programas de carácter popular e de máxima participación, así como as competicións organizadas por este departamento, coas que pretendemos fomentar a práctica deportiva en todos os sectores da poboación.

Proxecto 3

Apoio ao deporte. Na actualidade dende o  Departamento de Deporte un dos obxectivos fundamentais  é axudar e promover o deporte na vila, mantendo unha boa relación e colaboración cos diferentes clubs e asociacións deportivas que existen na actualidade no Concello, e a través do apoio prestado a deportistas de forma individualizada.

Proxecto 4

Servizo municipal de deporte e instalacións deportivas. Este programa consiste na actualización e innovación de actividades deportivas co fin de garantir que o Concello sexa o punto de referencia da demanda deportiva da poboación de Ordes e da comarca, facilitando os camiños e as canles de axuda para o fomento da práctica da actividade física e deportiva, así como seguir co servizo de atención e información dos usuarios e usuarias, para lograr achegar os recursos deportivos a toda a cidadanía en xeral.

Deportes

Cidade deportiva Vista Alegre

Espazos ou instalacións deportivas coas que conta o Concello de Ordes

  • 7 campos de fútbol de herba natural.
  • 1 campo de fútbol de herba natural.
  • 3 campos de fútbol de area.
  • 4 pavillóns.
  • 2 piscinas, unha cuberta e outra exterior.
  • 1 ximnasio municipal.
  • 1 pista de tenis.
  • 1 pista de atletismo.
  • 14 pistas polideportivas descubertas
  • No ano 2016 vaise a executar un novo ximnasio anexo ao pavillón CEIP Campomaior

Máis Información

Departamento de Deportes