spacer
Residencia de Maiores

Ordes conta cunha residencia de titularidade municipal cuxa xestión esta encomendada á empresa Servisenior.

Conta con 49 prazas para persoas válidas e asistidas, repartidas en 22 habitacións dobres, 3 individuais e área de enfermería, as cales dispoñen de TV, baño propio, armarios individuais...

Residencia de Maiores

Parella de maiores na residencia de Ordes

Os servizos prestados pola residencia son:

Servizos básicos:

  • Manutención
  • Apoio en AVD as 24h do día
  • Servizo de atención sanitaria (médica e de enfermería)
  • Servizo de fisioterapia e rehabilitación menor
  • Servizo de animación sociocultural
  • Servizo de lavandería
  • Servizo relixioso

Servizos complementarios:

  • En función das patoloxías de cada usuario ou usuaria, podoloxía, perruquería, traslado e acompañamento a citas médicas, consultas de especialistas…

O prezo é de 816.39€ mensuais para residentes válidos, e 1426,03€ para residentes asistidos, os cales incluen todos os servizos, tanto asistenciais como complementarios, agás os servizos de podoloxía y perruquería que se cobrarán a parte.

Para máis información, non dubide en contactar con nós no teléfono 981682702.

Máis Información

Residencia de Maiores de Ordes