A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) foi posta en marcha no ano 2008, integrándose na Rede Galega de Oficinas de Información Xuvenil da Xunta de Galicia.

A OMIX de Ordes é un servizo público que o Concello pon á túa disposición e que intenta responder ás necesidades de información que ten a xuventude do municipio.

As principais actividades e tarefas da OMIX son os labores de información e difusión de programas e actividades relacionadas coa xuventude.

Servizos que ofrece:

  • Información e atención ao/a usuario/a referente a actividades do concello, actividades de ocio e tempo libre, campamentos de verán, bolsas de estudos, cursos...
  • Xestión dos locais de ensaio municipais.
  • Difusión de programas xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude.
  • Tramitación do Carné Xove Euro < 30.

A OMIX de Ordes é oficina expendedora do Carné Xove. O Carné Xove é unha  tarxeta persoal e intransferible que poden facer os mozos e mozas, que os/as acredita como tal e coa que obteñen vantaxes e descontos dentro de todas as Comunidades Autónomas de España, así como nos 40 países europeos adheridos ao programa "Carné Xove".

Poden facelo todos/as os/as mozos/as entre 12 e 30 anos (ambos inclusive), e terá unha vixencia de 2 anos desde o momento da súa expedición e sempre sen superar a idade límite.

Para facelo, deberase cubrir un impreso de solicitude acompañándoo do DNI ou fotocopia deste e aboar unha taxa de 6 €, mediante o impreso de taxas correspondente. (Estes impresos facilitaranse na OMIX).

Na OMIX tamén informamos de trámites e lugares onde se expiden outro tipo de carnés como poden ser os de alberguista, estudante internacional, profesor/a internacional etc.

O horario da OMIX é de 9:00 a 15:00