spacer
Punto Limpo

Os puntos limpos son instalacións cun equipamento axeitado para a recepción, separación selectiva e almacenamento temporal de residuos de orixe doméstica de especiais características.

O obxectivo fundamental destas instalacións consiste en poñer a disposición dos cidadáns un espazo para a achega voluntaria de residuos que non poden ser xestionados polos servizos convencionais da recollida de lixo, polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou a súa composición (residuos perigosos).

No punto limpo sepáranse os distintos residuos segundo a súa tipoloxía, facilitando o seu tratamento e valorización posterior. Así, evítase que o seu destino final sexan os vertedoiros, a rede de sumidoiros pública ou calquera outro punto de vertido incontrolado, favorecendo a protección e mellora do medio ambiente.

Residuos aceptados no punto limpo

Residuos non perigosos

  • Plásticos domiciliarios ou asimilables, excluidos os envases
  • Plásticos agrícolas
  • Envases lixeiros (bolsa amarela)
  • Poliestireno expandido (Porexpán)
  • Papel e cartón
  • Envases de vidro
  • Madeiras de residuos domiciliarios
  • Restos metálicos do fogar
  • Entullos de obras menores
  • Pneumáticos fóra de uso
  • Voluminosos (sofás)
  • Voluminosos (outros mobles)
  • Restos de poda, segas e vexetais

Residuos perigosos

  • Aceites vexetais e graxas comestibles
  • Aceites minerais (motor) e outros aceites e graxas non comestibles
  • Filtros de aceite
  • Disolventes, pinturas, vernices
  • Envases de Residuos Perigosos
  • Aerosois e envases metálicos con matriz porosa sólida perigosa
  • Baterías automóbiles
  • Pilas e outros acumuladores
  • Radiografías
  • Tóner e cartuchos de impresoras

RAEE,s

  • Electrodomésticos con CFC
  • Electrodomésticos sen CFC
  • Equipos de informática e telecomunicacións (monitores, TV)
  • Pequenos electrodomésticos, ferramentas, xoguetes electrónicos
  • Fluorescentes

O tempo que un residuo pode permanecer almacenado nun punto limpo non poderá exceder os seis meses, tratándose de residuos perigosos, ou os dous anos no caso dos residuos destinados á valorización.

Residuos non aceptados no punto limpo

Non poden depositarse nun punto limpo os seguintes tipos de residuos:

  • Materia orgánica. Usualmente a súa recollida selectiva faise a través dos contedores urbanos instalados nas rúas.
  • Residuos mesturados. Non se aceptarán no punto limpo aqueles residuos que veñan mesturados, xa que nestas instalacións os residuos son clasificados por categorías.
  • Residuos industriais. As grandes e medianas empresas teñen que establecer un sistema propio de xestión para os residuos que producen.
  • Residuos radiactivos.
  • Materiais explosivos.
  • Residuos sanitarios.

Máis Información

Punto Limpo

  • Xestor: SOIL RECOVERY, S.L.
  • O Balado S/N
  • 669 841 457
  • De Luns a Venres 16 a 20 horas, Sábado de 10 a 14 horas